FORMACIÓN
FORMACIÓN
Coñece toda a información que rodea
ao mundo das Altas Capacidades
Formación e boas prácticas para unha educación inclusiva en altas capacidades
En ASAC Galicia participamos activamente na formación do profesorado, convencidas de que unha resposta educativa adecuada ao alumnado con altas capacidades require coñecemento, reflexión e boas prácticas. Por iso impulsamos diferentes iniciativas formativas e de sensibilización no ámbito educativo.
Entre elas destacan as Medallas ASAC Galicia, un concurso anual que recoñece e dá visibilidade aos centros que desenvolven prácticas inclusivas e eficaces, e as palestras formativas, dirixidas ao profesorado, orientadas a afondar na comprensión das altas capacidades e a favorecer a aplicación de programas baseados no coñecemento científico.
Medallas ASAC Galicia: Premio ás Boas Prácticas Educativas para Alumnos con Altas Capacidades
Cada ano, en ASAC Galicia impulsamos un premio que recoñece o compromiso e o bo facer dos centros educativos galegos na atención ao alumnado con altas capacidades.
O obxectivo é visibilizar boas prácticas educativas que, desde unha perspectiva inclusiva, favorecen o benestar do alumnado e impulsan o desenvolvemento pleno do seu potencial, contribuíndo a unha escola máis xusta e con igualdade de oportunidades.
Ámbitos de recoñecemento
As Medallas distinguen proxectos que promoven:
- O desenvolvemento intelectual, fomentando o pensamento crítico, a creatividade e a resolución de problemas.
- O crecemento persoal, reforzando a autonomía, a autoestima e a confianza.
- As habilidades sociais, facilitando a integración, o traballo cooperativo e a comunicación.
III Medallas ASAC Galicia de Boas Prácticas
Na súa terceira edición, estas Medallas teñen como finalidade recoñecer, premiar e difundir experiencias pedagóxicas innovadoras desenvolvidas por docentes en activo en centros educativos de Galicia, desde Infantil ata Formación Profesional.
A convocatoria establece un proceso de participación que require a presentación dun proxecto detallado e permite poñer en valor iniciativas con impacto real na aula, valorando aspectos como a innovación, a calidade, a aplicabilidade e a implicación educativa.
Ademais, inclúe un premio económico e a difusión pública dos proxectos destacados, reforzando así o recoñecemento social das boas prácticas educativas.
Consulta aquí as [bases legais] e participa.

Palestras formativas para o profesorado
Formación periódica en altas capacidades desde ASAC Galicia
Desde ASAC Galicia ofrecemos de maneira regular palestras formativas online dirixidas ao profesorado, co obxectivo de achegar coñecemento rigoroso, baseado na evidencia científica e na boa práctica educativa, sobre a atención ao alumnado con altas capacidades.
Estas sesións constitúen un servizo estable de formación e asesoramento, orientado a favorecer a inclusión educativa, a implantación de programas axeitados e a mellora da resposta dos centros educativos ás necesidades deste alumnado.
Participaron docentes de numerosos centros educativos de toda Galicia, como o IES Monelos (A Coruña), o CEIP Valle Inclán (Vigo), o IES de Oroso (Sigüeiro), o Colexio Eirís (A Coruña), o CPI Cova Terreña (Baiona), o CEIP Plurilingüe de Tui, o IES de Beade (Pontevedra), o CPI Terras de Maside (Ourense), o CEIP San Pedro de Visma (A Coruña), o Colexio Divino Maestro (Lugo) e o Conservatorio Superior de Música da Coruña, entre outros.