ASAC
ASAC
Asociación sen ánimo de lucro
formada e dirixida polas familias de
nenos e nenas con altas capacidades.
Quen Somos?
Creada no ano 1995 e con sede en Santiago de Compostela, a Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC Galicia) é unha asociación sen ánimo de lucro formada por nais e pais de nenos con altas capacidades.
ASAC Galicia está asesorada dende o punto de vista técnico por profesionais do máximo prestixio e cunha dilatada experiencia no ámbito das altas capacidades a través dun acordo de colaboración firmado con Latento, unha empresa vencellada á Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela, da que xurdiu.
Timing
Fundación
Fundación de ASAC Galicia e da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades na USC. Dirección a cargo da Dra. Olga Díaz.
Ronsel do Campus
A Dra. Carmen Pomar asume a dirección da Unidade AACC USC. Nace o proxecto Ronsel do Campus.
Latento
A Dra. Teresa Sánchez Castaño asume a dirección. Nacemento de Latento Altas Capacidades e organización do 1º Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades.
COVID
Adaptación ao formato virtual polo COVID-19. Creación de Enriquécete na nube.
ITINERE
Segunda edición de ITINERE, proxecto de mentorazgo. Mantemento de convenios con USC, UDC, UVigo e UNIR.
Premios
Creación das Medallas de Boas Prácticas e o Premio de Investigación en Altas Capacidades.
Misión
ASAC Galicia ten como misión apoiar ás persoas con AACC e ás súas familias promovendo a reivindicación e o exercicio dos seus dereitos, co obxectivo de favorecer a súa calidade de vida e conseguir a igualdade de oportunidades.
Neste senso, representa institucionalmente ao colectivo e promove, coordina e realiza no ámbito autonómico e estatal accións de defensa do colectivo, desensibilización e investigación, de desenvolvemento e implantación de programas baseados no coñecemento científico e a boa práctica, así como iniciativas que favorecen a inclusión e participación social, a formación e o asesoramento de profesionais, familias e persoas con AACC.






Colaboradores
Preguntas frecuentes
O Protocolo para a Atención Educativa ao Alumnado con Altas Capacidades Intelectuais da Xunta de Galicia (2019) é de obrigado cumprimento?
Non exactamente. Os protocolos establecen cando deben iniciarse, os pasos a seguir e as decisións que se deben tomar segundo determinadas circunstancias durante o proceso educativo. Polo tanto, actualmente, o citado protocolo é un documento orientativo e non ten carácter normativo. Pero si que son de obrigado cumprimento tódalas normas que recolle o citado protocolo como, por exemplo, o Decreto 229/2011.
Quero solicitar praza de reserva NEAE por altas capacidades intelectuais, cal é o proceso?
En primeiro lugar deberías ter o informe psicopedagóxico da administración, logo deberás cubrir na túa instancia que solicitas ese tipo de praza e tamén é habitual que o Equipo de Orientación Específico realice unha revisión da avaliación psicopedagóxica.
Quero darme de baixa en ASAC Galicia, cal é o proceso?
O procedemento consiste en cubrir e entregar o documento que podedes descargar no seguinte enlace:
006_SOLICITUDE_BAIXA_ASAC_GALICIA.pdf
A comunicación de baixa entregarase á Xunta Directiva da Asociación de xeito presencial, por correo postal ou por correo electrónico no enderezo tesoreria@altascapacidadesgalicia.org No documento debedes especificar si é unha baixa total (co cal abandonades a asociación) ou baixa parcial (co cal mantédesvos como socios pero sen talleres). A comunicación da baixa terá efectos administrativos con carácter inmediato e efectos económicos nos recibos que se emitan a partir dun mes da notificación da mesma.
Sabedes dalgún colexio/instituto onde se atendan as necesidades dos nenos con Altas Capacidades? ¿Recomendades algún?
Polo xeral os centros educativos que traballan por proxectos e apostan pola innovación educativa, participando de programas de formación permanente do profesorado coa intención de individualizar e personalizar o tratamento educativo de todo o alumnado, soen contar cunha filosofía de inclusión do alumnado con altas capacidades intelectuais e do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Como exemplo, podedes consultar os centros educativos adscritos a iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, SEMGAL, nos que profesorado recibe formación e mentorización sobre o modelo de enriquecemento curricular para todo o alumnado (Schoolwide Enrichment Model), sendo este achegamento de aula inclusivo e xeralmente motivador para o alumnado con altas capacidades intelectuais.
http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/30138
Gustaríame que no centro educativo do/a meu/miña fillo/a atendesen as súas necesidades en relación ao seu perfil de altas capacidades, que podo facer?
Cómpre buscar a colaboración de tódolos axentes educativos, de esta forma é moi importante buscar apoio non só no titor/a do/a alumno/a se non tamén do departamento de orientación e do equipo directivo do centro educativo. A maiores tamén é recomendable pórse en contacto coa ANPA do centro educativo, para coñecer se xa se fixeron acción formativas con anterioridade en relación a esta necesidade específica de apoio educativo. Dende ASAC-Galicia por medio dun convenio, recentemente asinado coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade colaborase formando e asesorando aos centros educativos que así o solicitan.
A valoración que lle fixeron no colexio/instituto ao meu fillo non recoñece as altas capacidades, pero teño un informe externo ao centro educativo onde si se recoñecen, é frecuente esta situación?
Moitas variables poden influír nos resultados das probas de intelixencia, dende a elección dos instrumentos, a actualización dos baremos nos que se apoian, o clima no que acontece a avaliación, o vínculo establecido entre o/a avaliador/avaliadora e o/a alumno/a, as circunstancias persoais e/ou familiares propias do momento no que se desenvolve a valoración, etc. Por todo isto, é posible que dúas valoracións realizadas en distintos ámbitos e en distintos momentos poidan chegar a conclusións dispares sen poder concluír que una ou outra valoración e máis ou menos válida. O importante é aproveitar todas as avaliacións que se teñan para poder concretar un plan de traballo onde se estimulen as cualidades cognitivas de cada alumno/a e se traballe en aspectos emocionais, sociais, motivacionais, etc. para acadar un desenvolvemento pleno e integral en cada caso concreto.
No colexio/instituto do meu fillo fixéronlle as probas, pero non me deron o informe, que teño que facer para solicitalo?
Se despois de solicitalo informalmente ao departamento de orientación e ao equipo directivo do centro educativo, non se obtén resposta nunha marxe temporal aceptable, pódese solicitar formalmente na secretaría do centro mediante un escrito no que se exprese o interese de contar co informe para poder buscar asesoramento especializado fóra do centro educativo para poder recibir apoio familiar e individual en torno a necesidade específica de apoio educativo por altas capacidades intelectuais. Tal e como se recolle na normativa, “as nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado deberán ser informados dos resultados das avaliacións psicopedagóxicas e das medidas propostas, e terán dereito a obter copia do informe psicopedagóxico nas condicións que estableza a consellería con competencias en materia de educación” (Artigo 35.2 do Decreto 229/2011, DOG 21/12/2011).
O/A titor/a e/ou orientador/a do centro educativo do/a meu/miña fillo/a non considera prioritario facerlle un proceso de valoración neste momento actual, que podo facer?
Tal e como se menciona no Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais, se observas que o/a teu/túa fillo/a cumpre a maioría dos criterios do cuestionario familiar de demanda de intervención por sospeita de posibles altas capacidades intelectuais (ver anexos do protocolo) podes achegalo xunto cunha petición por escrito na que concretes se a túa preocupación está relacionada co seu desenvolvemento, co seo rendemento, coa súa participación das dinámicas de ensinanza-aprendizaxe, co seu aproveitamento das experiencias curriculares, etc.
Información Asociativa
ÓRGANOS DE GOBERNO
Asemblea Xeral
- A Asemblea é o órgano supremo de ASAC Galicia e radica nela a soberanía da asociación, por ser a expresión directa da vontade das socias e socios.
- Poderá tomar todas as decisións que estime convenientes para a boa marcha da asociación, entre outras:
- a) Elixir aos membros da Xunta Directiva.
- b) Intervir, do xeito que corresponda, nos asuntos de ASAC Galicia.
- c) Acordar as decisións que considere convenientes para a boa marcha de ASAC Galicia.
- d) Con periodicidade anual examinar e aprobar ou censurar o orzamento e as contas de ASAC Galicia.
- e) Aprobar, se procede, a acta da Asemblea Xeral anterior.
- f) Resolver sobre as cuestións e propostas que lle presente a Xunta Directiva.
- g) Aprobar as modificacións estatutarias.
- h) Ratificar a adhesión, federación ou asociación con outras entidades.
- i) Acordar a integración, fusión ou disolución de ASAC Galicia.
- j) Modificar o regulamento de réxime interno.
(Artigo 14. A Asemblea Xeral. Estatutos de ASAC Galicia, 22/03/2025)
Xunta Directiva
Asemblea Xeral Extraordinaria 18/12/2025
Presidente: Javier Ares Espiño
Vicepresidenta: María Belén Baamonde López
Secretaria: María de la O Gil Lago
Tesoureira: María Suarez Calvelo
Vicesecretario: Antonio García Rey
Vicetesoureiro: Arturo Hermilla Rodríguez
Vogal: Jessica Cecibel Arrobo Sarango
Vogal: Laura Cabaleiro Sánchez
Vogal: Ana Gestoso Abraín
Vogal: Martín Gonzalo Blanes Martínez
Vogal: Laura González González
Vogal: Raquel Mosteiro Sobrado
Vogal: Sabela Varela Fernández
