INVESTIGACIÓN

INVESTIGACIÓN

Proxectos nos que ASAC colabora

Investigación e Innovación en Altas Capacidades

A nosa aposta pola ciencia


En ASAC Galicia impulsamos a investigación como motor para comprender e mellorar a realidade das altas capacidades, colaborando con universidades e entidades de referencia e promovendo proxectos con impacto educativo e social.

Xa está en marcha o II Premio de Investigación en Altas Capacidades ASAC Galicia 2026, unha iniciativa para recoñecer, promover e difundir traballos de calidade neste ámbito . Unha oportunidade para dar visibilidade á investigación e seguir avanzando cara a unha educación máis inclusiva.

Prazo de inscrición aberto ata o 30 de setembro de 2026

Consulta aquí as [bases legais].

Premio de Investigación
en Altas Capacidades
ASAC Galicia 2025

Como parte do noso compromiso coa promoción da investigación científica no ámbito das altas capacidades intelectuais, en ASAC Galicia organizamos o Premio de Investigación en Altas Capacidades ASAC Galicia, unha iniciativa destinada a recoñecer e impulsar traballos académicos realizados no contexto universitario galego.

Esta convocatoria estivo dirixida a persoas que desenvolveron un TFG, TFM ou Tese Doutoral sobre altas capacidades intelectuais, co obxectivo de poñer en valor investigacións que contribúen ao avance do coñecemento e á mellora da resposta educativa ao alumnado con altas capacidades.

Cada ano temos unha convocatoria aberta para a participación nestes premios. Información que manteremos actualizada nos nosos medios de comunicación.

Resolución do Premio
Investigación ASAC Galicia
2025

Os nosos números

Resultados presentados en congresos
e publicacións de alto impacto.

+ 0
PROXECTOS DE
INVESTIGACIÓN EN 
MARCHA OU XA
REMATADOS
0
COLABORACIÓN CON 
12 UNIVERSIDADES 
NACIONAIS E
INTERNACIONAIS

Principais liñas de traballo

Hoxe mantemos convenios coa USC, UDC, UVigo e UNIR, o que nos permite participar en estudos de relevancia sobre:

Proxectos

Investigación sobre acoso escolar e altas capacidades
Universidade de Vigo – ASAC Galicia
Inicio: abril 2023 – Finalización prevista: 2025
Responsable: Dra. Mónica Rodríguez Enríquez
Investigación sobre redes atencionais en alumnado con AACC
Universidad Internacional de La Rioja (UNIR) – ASAC Galicia
Inicio: maio 2023 – Finalización prevista: 2025
Responsable: Dra. Sandra Santiago
Investigación sobre funcións executivas en alumnado con AACC
UNIR – ASAC Galicia
Inicio: outubro 2025
Responsable: Dra. Almudena Gómez Pulido
ITINERE – Programa de mentorazgo vocacional
Universidade de Santiago de Compostela – ASAC Galicia
Bienio 2023-2025 (2ª edición)
Dirección: Dra. Teresa Sánchez Castaño
Enriquécete na nube – Programa de enriquecemento online
USC – ASAC Galicia
Presentado en congresos internacionais (2021)
Dirección: Dra. Teresa Sánchez Castaño