ÚNETE

ÚNETE

Forma parte de ASAC

Para unirse a ASAC é necesario contar cun informe psicopedagóxico

O Departamento de Orientación do centro é o encargado de elaborar o informe psicopedagóxico para o recoñecemento das altas capacidades, coa posible colaboración do Equipo de Orientación Específico.

As familias poden achegar informes externos, que serán valorados, e teñen dereito a recibir copia do informe oficial.

Aínda que non existen prazos fixados, recoméndase que o informe se entregue nun máximo de tres meses desde que se solicita a intervención.

Proceso para ser socio ou socia

Polo tanto, unha vez revisado ese informe polo Equipo Técnico de ASAC Galicia toda a familia pasará a formar parte da asociación. Outra das características é que nos talleres de enriquecemento Ronsel do Campus e Itinere participan exclusivamente nenas e nenos de altas capacidades.

Para unha mellor organización deste proceso de alta en ASAC Galicia realizamos 3 entradas de novas socias/os nos seguintes meses: xaneiro, xullo e setembro. As familias interesadas en asociarse deben enviar…

O Equipo Técnico ASAC Galicia revisará o informe de valoración das altas capacidades e a Xunta Directiva de ASAC Galicia será a encargada de verificar que o resto da documentación está correcta.

A baixa na asociación tramitarase de xeito similar á alta.