QUE FACEMOS

QUE FACEMOS

Coñece todas as nosas iniciativas e programas

Traballamos polas AACC

Incidencia en Organismos Públicos

Para promover e defender os dereitos das persoas con AACC, dende ASAC participamos proactivamente en desenvolvementos normativos e acordos de colaboración que recoñezan ás AACC de xeito efectivo

Incidencia Social

Concienciar á sociedade da realidade que están a vivir as persoas con AACC é fundamental para a súa plena inclusión e aceptación. Dende ASAC Galicia potenciamos e melloramos a imaxe social do colectivo mediante accións de sensibilización e visibilización que inciden especialmente nos medios de comunicación e na sociedade.

Converxencia Asociativa

Traballamos pola converxencia, cohesión e compromiso do movemento asociativo das Altas Capacidades a nivel nacional en particular e das NEAE en xeral.

Investigación

Promovemos a investigación social e facilitamos a transferencia de coñecemento sobre as AACC en diferentes áreas (educación, sanidade), mediante estudios propios,colaboracións e accións formativas.

Formación

Orientamos os nosos esforzos ás necesidades das persoas con AACC, traballando activamente por mellorar a atención das altas capacidades mediante o desenvolvemento de programas, proxectos e plans de formación dirixidos a profesionais e ás familias de persoas con AACC.

RONSEL DO CAMPUS

Programa de Enriquecemento Extracurricular

Baseado no modelo SEM de Joseph Renzulli, creado pola doutora Carmen Pomar Tojo. Latento coordina o deseño e dirección, cun equipo de psicólogos expertos en altas capacidades. O programa divídese en niveis por idade, con talleres científicos, artísticos e tecnolóxicos que os nenos elixen segundo os seus intereses.

O curso divídese en dous cuadrimestres: un de outubro a febreiro e outro de febreiro a xuño. Os obradoiros lévanse a cabo cunha periodicidade quincenal, fixándose o calendario dos mesmos ao principio de cada cuadrimestre.

As sesións son quincenais nas Facultades de Psicoloxía, Dereito e Ciencias da Comunicación da USC. A dirección actual está a cargo de Miriam Fernández Barreiros, psicóloga con ampla experiencia no ámbito das altas capacidades. ASAC Galicia colabora estreitamente coa USC.

ESCOLA DE FAMILIAS

Charlas de expertos en altas capacidades que nos acercan á realidade desde distintos puntos de vista.

A nosa aspiración é ofrecer respostas ás numerosas dúbidas que xorden a diario sobre o desenvolvemento persoal, educativo e emocional dos nenos e nenas de altas capacidades. Se queres facer algunha suxestión para as Escolas de Familias, escribe a info@altascapacidadesgalicia.org

ASAC Galicia está asesorada dende o punto de vista técnico por profesionais do máximo prestixio e cunha dilatada experiencia no ámbito das altas capacidades a través dun acordo de colaboración firmado con Latento, unha empresa vencellada á Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela, da que xurdiu.

ASAC Galicia tamén colabora estreitamente coa Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da USC.

ITINERE

Proxecto de mentorazgo para a orientación vocacional de adolescentes con altas capacidades


“O camiño cara ao seu futuro comeza co mellor presente que podamos ofrecerlles”

É unha ferramenta útil e práctica para coñecer os diferentes ámbitos profesionais nos que se pode desenvolver unha persoa. É tamén unha boa oportunidade para recibir orientación e diferentes puntos de vista ante unha decisión que influirá no desenvolvemento óptimo e integral do potencial deste colectivo.

Atopar a vocación é un proceso importante para o futuro de calquer adolescente. Queremos acompañar neste camiño e ofrecer experiencias formativas da man de profesionais de referencia en diferentes ámbitos.

“Un proxecto creado para que os teus pasos te axuden a avanzar, tomando decisións conscientes”.

Os nosos
obxectivos

Potenciar o crecemento
persoal e vocacional dos suxeitos implicados
Producir un afianzamento
no proceso de toma de decisión vocacional e profesional
Facilitar o acompañamento
dos participantes e das súas familias no seu proceso de desenvolvemento vocacional e profesional
Promover unha mellora no nivel motivacional
dos participantes
1º curso

FASE I

  • Admisión interesados/as.
  • Presentación do Proxecto.
  • Administración de cuestionarios pre-test.

1º curso

FASE II

  • Formación a participantes e realización de webinares.
  • Formación a familias.

2º curso

FASE III

  • Formación a participantes e realización de seminarios e proxectos con expertos.
  • Administración de cuestionarios (post-test).

2º curso

FASE IV

  • Visita a entidades e centros de referencia.
  • Formación a familias e entrega de informes.